Galicia en goles

Blog que conta as miñas experiencias no programa "Galicia en goles" da Radio Galega

18 junio 2007

Fin de temporada 2006/2007

Boas a tod@s: Última xornada de liga e todo por decidir. Tanto por arriba, como por abaixo.
Así que, sen máis demora metamonos de cheo na xornada, unha xornada non apta para cardíacos.

Comezamos cós partidos das 17:00h. Nestes encontros xogabanse as dúas prazas que restaban para saber cales eran os equipos que acompañaban ao Nástic á categoría de prata.

O Athletic cumpliu en San Mamés có que debía facer para seguir onde estivo sempre ata o de agora, na Primeira División, ao vencer ao Levante, equipo ao que superou (2-0). Nun partido cheo de oportunidades bilbaínas. Pero non sería ata o último tercio do partido, cando chegaron os goles. O primeiro sería de Serrano, en propia porta. E un cuarto de hora despois, Gabilondo puso o 2-0 rematando de cabeza un centro de Etxeberria.
Outro que salvou a categoría foi o Betis ao gañar ao Rácing por (2-0) nun mal partido de ambos equipos. Foi a algo menos de 20 minutos para o final cando o Betis disparou por primeira vez entre os tres palos. No segundo pao aparaceía o brasileño Edu, ex-celtiña, para adianta-los verdibrancos. Sería o propio Edu o encargado de rematar a faena aprol do Betis.


O que non puido evita-lo descenso, foi o Celtiña. O conxunto vigués regresa ao infierno da Segunda División. E iso que chegou á última xornada con opciones, fixo o seu traballo ao gañar e remontar ao Xetafe (2-1), pero os triunfos do Athletic e do Betis sepultaron as súas opciones e tres anos despois o equipo celeste revive a traxedia de marcharse a Segunda División.



O outro equipo que acompañará a Nástic e a Celta é a R. Sociedade, que non puido pasar dun empate (3-3) en Mestalla diante do Valencia. Foi un partido con moitos goles pero có fútbol xusto, no que dous tantos en propia meta foron a puntilla para os donostiarras. Ao final, o terceiro gol da R. Sociedade, conseguido tamén en propia meta no quinto minuto da prolongación, serviu unicamente para que o encontro acabara cun empate que sería insuficente para a escadra vasca.

No último partido das cinco da tarde, en Monjuitc, xogaban o Español e o Deportivo.
Nun partido no que ningún dos dous conxuntos tiña nada en xogo, nin sequera os "famosos" maletíns.

Na previa do partido, Raúl Tamudo, recibiu unha homenaxe por ser xa o máximo goleador da historia do Español.
Precisamente sería Tamudo no 47 de penalti, o que adiantaría aos locais. Vinte minutos despois viría a remontada dos de caparrós.
Golpearía primeiro por medio de Iago. E dous minutos despois o encargado sería Sergio cun golazo. Xa nos derradeiros minutos Riki sentenciaría poñendo no electrónico o definitivo (1-3).

Mentres no comezaban os partidos das nove, estivemos atentos as fases de ascensos.

Na fase de ascenso á categoría de prata, o Rácing de Ferrol impoñiase ao Alacante, na Malata (2-0) con goles de Lamatina e Corredoira. E no definitivo partido de desenlace no Rico Pérez, despois duns angustiosos 90 minutos o Alacante vencía (1-0). Este resultado valíalles aos departamentais para retornar á categoría perdida hai pouco máis dun ano.

A festa rachada desprazouse ata o Cantón de Molíns, onde estaba ubicado o "estudio" de GnG no seu particular apoio á escadra verde.




E na fase á 2ªB. O Deportivo B colleitaba un bó resultado ao gañar a domicilio ao Don Benito (0-2). Para en Riazor encarri-la eliminatoria golpeando primeiro, para nos últimos minutos do partido consegui-lo empate o conxunto visitante (1-1). Con este resutado o filial braquiazui sube á categoría de bronce, o que conleva á súa vez ao ascenso do Verín a 3ª División.



No García Calvo, o Negreira empataba diante do Conquense (0-0). E en Fuensanta o conxunto Nicraeirense caería derrotado por un abultado (3-0). Quedando deste xeito eliminado. Mágoa porque o seu ascenso arrastraba ao Compostela á 3ª división.

Tamén hoxe houbo F1, na que o inglés Hamilton afianza o seu liderato no Mundial tras asinar en Indianápolis o seu segundo triunfo consecutivo, seguido do español.

O de Indianápolis foi algo máis que unha demostración de poderío. Foi toda unha profanación ao que era un templo de Ferrari.
A festa non puido ser completa porque o perfecto sería ter a Fernando Alonso no centro do caixón, pero a carreira sí confirmou que o asturiano ten coche para ser campeón do Mundo e que o éxito dependerá das súas mans e de cómo poida manexa-la presión e a rivalidade có seu compañeiro de equipo. A distancia con Hamilton é agora de dez puntos, a maior do todo o campionato.
Hamilton segue facendo historia na Fórmula 1 e xa se lle pode considerar un claro candidato ao título. Xunto a Alonso, protagonizou ol monólogo que ofreceu a súa escudería. Pero o insultante dominio escondeu momentos para escenifica-la loita interna que se vive en McLaren. O primeiro, na salida. Fernando Alonso tentou superar ao seu compañeiro. Pegouse ao inglés e lle presionou todo o que puido, pero Hamilton no cediu. Mantivo a posición incluso na segunda intentona do asturiano, xa á desesperada. Alonso e Hamilton rodaban moi pegados dende o inicio e pouco a pouco abrían oco.
O inglés entrou a repostar na volta 21, unha antes que o seu compañeiro de equipo.
Pero a orden non se rompeu ao regresar á pista, ambos de novo con neumáticos brandos. Foi despois do primeiro repostaxe cando Alonso mellorou o seu rendimento de xeito notable. Comenzou a tomarlle dous décimas por volta ao inglés e pronto reduxo á nada o segundo que tiña de desventaxa. A volta 38 quedará marcada como a primeira da temporada en que os dous McLaren puxéronse completamente paralelos no medio da pista. Pero Hamilton aguantou o reto ata o final, posicionando o seu coche un pouco á esquerda para evita-lo acoso do asturiano.
O inglés lembraba ás primeiras defensas de posición de Alonso ante Michael Schumacher.

De volta á 1ª División, os tres equipos implicados na loita por clasificarse para a Copa da UEFA, Atlético de Madrid, Vilarreal e Zaragoza, estiveron dentro e fóra da mesma no desarrollo da última xornada de Liga, pero ao final foron os dous últimos os que lograron clasificarse, a costa dos colchoneros que a pesar de todo venceron (1-2) ao Osasuna.
O equipo de Javier Aguirre estivo 30 jornadas en postos UEFA, pero cedeu seu lugar ao Villarreal, que encadenou oito victorias seguidas, e agora se terán que conformar con xogar a Intertoto. Pola súa parte, o Zaragoza empatou en puntos có Atlético, pero vai a Europa gracias ás súas victorias durante a temporada.
A tensión a comezou a mete-lo Recreativo có gol tempranero e en posible fóra de xogo de Javi Guerrero, que encendía as alarmas no minuto 3 no Zaragoza, a pesar de que ello non cambiaba as posiciones porque en Pamplona o marcador ía cero a cero.
Ao mismo minuto, en Pamplona, Milosevic estrelaba un balón no pao da portería de Leo Franco e en Huelva Diego Milito pedía un penalti por man de Merino, que o colexiado non otorgou.
En Sevilla, Kanouté poñía a sufrir ao Vilarreal cun remate que se ía desviado de milagre, mentras que no Novo Colombino o Zaragoza non se repoñía do mal inicio de partido no que estivo a punto de sufrir ata un autogol.
No Reino de Navarra, os colchoeiros facían realidade por un momento o sueño e subían á quinta posición da clasificación tras un golazo de Maxi. Con ese gol, ao final da primeira metade o Zaragoza estaba só coa Intertoto, despois de estar casi toda a temporada en postos UEFA. Pero eso cambiaría cedo, porque o Osasuna empatou tan só iniciar a segunda parte.
O Vilarreal, pola súa parte, plantabase firme en Europa có tanto de cabeza de Fuentes e xa nin siquera importaba que o Atlético se pusera adiante (1-2) cun autogol. A tensión pasaba a man do Zaragoza, que non abriu a defensa do Recre senón a 15´ do final, a través de Milito, empate que metía ao equipo maño.
A partir de entón os marcadores xa non cambiaron e as esperanzas do Atlético se moveron ata o Sevilla, para ver se éste empataba ao Vilarreal, que xunto ao Zaragoza súmase ao Xetafe, clasificado como finalista de Copa, na vindeira edición da UEFA.


Na loita pola liga, o Sevilla sucumbía (0-1) ante o Vilarreal. Os do Nervión estaban pensando máis na final da copa do rei, que os medirá có xetafe que noutra cousa.

Pola súa banda, o Barça se desfacía con comodidade do Nástic, no Nou Stadi (1-5). Os de rijkaard víronse campións durante case todo o partido, xa que o R. Madrid empezou perdendo cun gol de Arango para o Mallorca.Con este resultado se chegaría ao descanso. No minuto 68 Reyes empataría o encontro, pero este resultado non valía coa victoria blaugrana.
Foi no minuto 81, cando o Bernabeu estoupou de xúbilo cando Diarra daballe a volta o marcador. E tres minutos despois Reyes de novo tranquilizaba á parroquia local (3-1).
A pesar deste título ligueiro o que non seguirá na "casa branca" a vindeira temporada será o técnico italiano Fabio Capello.
En Hockei a patíns, a selección española segue no ceo unha temporada máis. Gañara os dous últimos Europeos e, agora, tamén fixo o propio cós dous últimos Mundiais.
Desfixose con suma facilidade de Suiza, a anfitriona, que chegaba ao encontro con confianza, pero que aos 15 segundos xa se deu conta de que España non lle daría tantas facilidades como Arxentina. Ao final, o electrónico reflexaba o definitivo (1-8). España paseouse en Suiza, suma trece Mundiais.
En futbol sala, o Pozo Murcia revalidou o seu título de campeón da división de honor ao vencer na súa cancha (3-2) ao Boomerang Interviú no segundo partido da serie final, polo que non foi necesario o terceiro encontro.

No primeiro partido, disputado o pasado día 16 en Alcalá de Henares, o equipo murciano impúxose (7-8). Trátase do terceiro título para O Pozo Murcia, que ademáis de conquista-lo do ano pasado, gañaran a liga 1997/1998.

En Basket, o Real Madrid conquistou no Palau Blaugrana a súa liga número 30. Idéntica cifra suma a sección de fútbol, campiona un domingo antes no Santiago Bernabéu.

E na final da copa do Rei, disputada no Santiago Bernabeu entre o Sevilla e o Xetafe. A balanza desequilibrouse aprol dos do Nervión cun gol de Kanouté ao aproveitar un erro garrafal de Pulido (1-0).
Con este título o Sevilla fai triplete esta temporada, xunto coa UEFA e a supercopa de europa.

Isto remata ata finais de Agosto, no que xa teredes por aquí outra vez ao dono do blog. Agardamos que o noso labor feito aquí, fora do voso agrado.

Parabéns para os que teñan algo que celebrar, e aos que non outra temporada será.

Que teñades un bó verán. Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

10 junio 2007

Resumo últimos programas


Boas a tod@s. Como xa vos daríades de conta temos o que vén sendo o blog un pouco atrasado asi que nesta entrada repasaremos os acontecementos máis importantes dos últimos días.

E comezamos pola selección española que solventaba de unha forma digamos un pouco pobre...os seus compromisos, pero polo menos non perde opcións para meterse na Eurocopa do ano 2008. O sábado pasado os de Luís vencía a Letonia con dous goles de rebote (un en propia porta e o outro tras pegar nun xogador español).



O mércores a vermella remataba os compromisos cunha vitoria por 0-2 ante Liechtenstein grazas a dous goles de Villa MaraVilla nos primeiros minutos. O segundo chicharro viu tras unha espectacular chilena do ariete asturiano.


Foise a selección e voltou a liga...onte mesmo vivimos unha xornada de infarto (a penúltima da primeira división). A loita polo título prometía con Madrid, Barça empatados a puntos e o Sevilla a 2 de eles. E non defraudou.


A xornada comezou mal para os brancos xa que na primeira metade do seu encontro en Zaragoza encaixaban un gol de penalti marcado por Diego Milito. Pero dende Barcelona chegaban boas novas co gol de Raúl Tamudo para o Español que seguía deixando ao Madrid líder.


Pero todo se truncou para os da capital xusto antes do descanso cando Messi cun gol coa man colocaba aos blaugrana de líderes.


Na reanudación chegaba o segundo do Barça e o Madrid lograba o empate por medio de Ruud Van Nistelrooy, pero o Zaragoza golpeou de novo e puxo o 2-1 que facía que o Madrid perdera virtualmente a liga.


Pero en 18 segundos máxicos todo virou. No minuto 88, tras un rexeite de César o holandés marcaba o seu gol 25 da liga e o 2-2 definitivo na Romareda. Mentres Tamudo silenciaba o Camp Nou co 2-2 que facía que a clasificación seguira igual. Porque o Sevilla desaproveitou a ocasión xa que non pasou do empate sen goles en Son Moix.

E por abaixo o noso Celtiña buscaba coller o último tren que o levase a salvación e ese tren pasaba polo Manzanares. Solo valía gañar e esperar o que fixeran Athletic e Betis. O Celta comezou o encontro xogando ben, pero os vellos pantasmas apareceron cando Lequi fallou estrepitosamente en defensa e lle puxo a Maxi nas botas o 1-0. Pero os vigueses reaccionaron antes do descanso cun gol de penalti de Fernando Baiano. Na reanudación apareceu Yago completamente solo na saída dun corner para colocar o 1-2 e con tranquilidade Baiano sentenciaba a contenda uns minutos máis tarde co 1-3. Pero tamén se sufriu xa que chegou o segundo de Maxi que colocaba o 2-3 definitivo.



A xornada a verdade e que foi moi favorable para os celestes. Mentres eles conquistaban o Calderón, o Betis era vapuleado no Ruíz de Lopera polo Osasuna (0-5) e o Athletic non podía co submarino amarelo no Madrigal (3-1). Polo tanto os de Vigo quedan a punto da salvación e se na última xornada gañan ao Xetafe e o Bilbao ou o Betis pinchan manteranse na máxima categoría do fútbol español. No Ruiz de Lopera houbo lío despois do encontro xa que os afeccionados protestaron pola goleada que recibiran os seus.



A xornada pechouse o domingo en Riazor co Deportivo-Recreativo. Os branquiazuis víronse claramente superados polos de Marcelino que lles deron un espectacular baño goleando aos da casa. A primeira metade acabou cun 0-2 pero aí o decano dominou de comezo a fin. Xa no segundo acto chegaron dous goles máis ata o 0-4. Despois Bodipo fixo o gol da honra, pero aínda chegaría o quinto dos andaluces. Para rematar Juan Rodríguez maquillou o resultado de penalti (2-5).



Repasamos xa agora a andaina dos nosos equipos na primeira rolda da fase de ascenso a 2ª división. O Racing de Ferrol acadou un gran resultado na Malata colleitando un 2-0 de renda co que afrontaba con tranquilidade a volta. Pero o Linares colocoulle outro 2-0 na volta e tivemos que chegar a lotería dos penaltis onde os departamentais estiveron máis acertaron (3-4) e agora enfrontaránse ao Alacante na eliminatoria decisiva.




Peor sorte correu o Pontevedra na súa eliminatoria. Os do Lérez comezaron cun empate sen goles a eliminatoria xogando no feudo do Córdaba. Na volta lograron marcar dous goles no primeiro treito do encontro pero os andaluces sobrepuxéronse e antes do descanso colocaron o 2-2 definitivo no eléctronico. Polo tanto esfumouse de novo o soño do ascenso para os granates.


Comezamos agora a repasar a fase de ascenso a 2ª división B. O Deportivo B logrou pasar de rolda na súa eliminatoria ante o Anguiano. Na ida os herculinos cairon por 2-1, pero na volta deronlle a volta a tortilla cun 3-1. Agora espera o Don Benito

Tamén o Negreira pasou pasou de eliminatoria tras gañar na casa ao Amorebieta (1-0) e na volta colleitou un empate sen goles. Os galegos xogaranse o ascenso ante o Conquense.



Peor sorte correru Coruxo que foi eliminado a mans do Toledo e o Vilalonga que caiu ante o Noja pola mínima. Outro ano será para eles.

E así remata este resumo. Emprazámosvos para esta tarde onde vivirimos o final de liga na 1ª co título en xogo e co Celta buscando continuar un ano máis en na máxima categoría. Tamén viviremos a ida da fase de ascenso a 2ª co Ferrol-Alacante. E o comezo das eliminatorias do Depor B e do Negreira para meterse en 2ª B ante Don Benito e Conquense respectivamente.

Saúdos de Gonzalo e Racinguista.

22 mayo 2007

Programas 19/20 - 05 - 2007

Boas a tod@s, neste fin de semán no que moitos dos nosos equipos xógasen algo nesta liga que está por rematar, pero como facemos sempre, repasemos o que pasaba o Mércores Glasgow.

Alí disputabase a final da copa da UEFA, con sabor español, entre o Sevilla e o Español.

Foi unha final moi igualada. Golpeu primeiro o Sevilla no minuto 18. Adriano sorprendeu nunha contra pola esquerda tras un saque coa man de Palop (1-0). O Español non baixaría os brazos e no 28, Riera bate a Palop tras unha gran xogada persoal (1-1). A igualdade sería a nota predominante ata o minuto 67 no que Moisés xogador do conxunto catalán, vería o 2º cartón amarelo.
A partir de ahí os de Juande chegaron con maior facilidade e aínda así se chegaría ao fin do tempo reglamentario có empate (1-1).
Na prórroga máis do mesmo, os andaluces intentándoo e o Español a defenderse como podía. Ata que no remate da 1ª parte da prórroga, no 105, Kanouté rematou na área pequena un gran servicio de Navas (2-1). Xa na 2ª parte da prórroga, o Español xogou á desesperada logrando o premio da igualada no 115 por medio de Jónatas que conectou un forte disparo que superou a Palop (2-2).
Así se chegou á tanda de penalties onde unha vez máis nos atopamos con un gran Palop que detivo 3 penas máximas, dando o título ao Sevilla proclamándose campeón por 2º ano consecutivo.
A xornada deste Sábado a abrimos polo polideportivo. No multiusos do Sar o Lobelle vencía ao Benicarló (5-3); Nas Travesas o xa descendido Celta f.s. empataba có Martorell, equipo que desaparecerá ao finalizar a liga (3-3). Pola súa banda o Azkar perdía en Barcelona có conxunto local (2-1).
Na loita para entrar na máxima categoría: Empezaremos polo Coinasa Ourense. Esta fin de semán xogouse dous partidos. O primeiro, o Sábado, o gañou o Bilbo (2-0). Tamén vencería o do Domingo (4-3). Quedando a eliminatoria nun definitivo (1-2), que elimina así ao conxunto galego.

Ao outro representante galego, ao Leis de Pontevedra, lle foron mellor as cousas. O Sábado vencía (4-3) ao Ocaña, deixando a eliminatoria nun favorable (2-0). O Manacor será o vindeiro rival do Leis na loita polo ascenso.

No Tenis, no Masters series de Hamburgo. Rafa Nadal e Carlos Moyá certificaron o seu pase ás semifinais. Hewitt e Federer serán os seus rivais respectivamente na loita por alcanza-la final do torneo.


Nadal e Federer volven a citarse. Os dous mellores do mundo se clasificaron para a final tras superar a Hewitt e Moyá nas semifinais.
Hamburgo vivirá un novo dolo entre o suizo Roger Federer y o español Rafael Nadal, os dous mellores do momento, quenes se plantaron na final despois de sufrir sobremanera para desfacerse de dous renacidos ex número uns do mundo, o tamén hispano Carlos Moyá (4-6, 6-4 y 6-2) e o australiano Lleyton Hewitt (2-6, 6-3 y 7-5).


Xa en fútbol, dende Son Moix, ás 20:00h o Mallorca recibía a visita dun Valencia, que non superaría ao conxunto local ata o minuto 89 cando apareceu o "pisha" Joaquín que marca dun disparo cruzado dentro da área, tras unha gran xogada colectiva (0-1).

Á mesma hora no Lopera Stadium, empataban o Betis e o Nástic. Os cataláns se adiantaron no minuto 89 con gol de Portillo de penalti. E xa no prolongación os verdibrancos por medio de xisco conseguirían o definitivo (1-1). Un pto que mantén ao betis na pelexa por mante-la categoría.


A esta hora coñeciamo-lo ascenso da Unión Deportiva Almería, de Unai Emery, ao vencer á Ponferradina (3-1). A localidade andaluza volve, tras 26 años, a contar cun equipo na Primera división, despois de que na campaña 1980-1981 a Agrupación Deportiva Almería a perdera para máis tarde desaparecer.



Ás 22:00h dende a Romareda, vivimos un emocionante encontro entre o Zaragora e o ath. Bilbao.

O Zaragoza, gracias a esta victoria, deixa a tiro de pedra a súa clasificación para a Copa da UEFA, mentres que o conxunto vasco deberá seguir sufrindo para tentar mante-la categoría.
O equipo zaragozano, que nos últimos tempos sufrira para gañar e atopa-lo camiño do gol, se deu un festín có Athlétic no 1º periodo, marcándolle cuatro tantos que parecían deixar sentenciada a contenda, pero o equipo visitante rompeu o guión previsible tra-lo descanso e despois de acurtar distancias ata o (4-3) fixo vivir un final emocioante ao público da Romareda na que o Zaragoza foi capaz de asentarse e salvar unha victoria importante para entrar en Europa.




Hoxe Domingo, principiamos polo GP de Motociclismo que se celebrou no circuito de Le Mans, en Francia. Onde o valenciano, Sergio Gadeo, logrou a súa primeira victoria mundialista en 125cc e o mallorquín, Jorge Lorenzo, sumou a súa cuarta victoria de cinco posibles para afianzarse aínda máis ao fronte da tabla de 250cc, conseguindo así un doblete nun circuito talismán para os españois.



Ás 12:00h dende Butarque, o C.D. Lugo perdía na súa visita a Leganés (0-2).



En tenis, Roger Federer foi o home elexido para rompe-la racha de 81 victorias consecutivas de Rafa Nadal sobre terra batida.
O helvético, que remontou un partido que tenía moi de costas, se chevou a final do Masters Series de Hamburgo (Alemania), quinto torneo destas características da temporada, tras case dúas horas de xogo por un marcador global de (2-6), (6-2) y (6-0).
Nadal, que empezou moi ben o partido, non puido coa embestida do suizo e demostrou a todo o mundo que é terrenal. Pola súa parte, Federer logrou o terceiro título do ano tra-las victorias en Dubai e no Open de Australia. Roland Garros será o vindeiro obxectivo para ambos tenistas.


Ás 17:00h e dende o Cerro do Espino, o Rácing de Ferrol se enfrontaba a filial colchoeiro, nun partido vital para os dous conxuntos, sobre todo despois dos resultados da mañán.

O partido transcurreu segundo o previsto, con moito medo a perder polos dous equipos pero maior dominio do balón dos madrileños. Un despiste da zaga verde, foi aproveitado polos branquivermellos, para adiantarse no marcador. Pero tres minutos despois nun córner aprol dos departamentais, funcionaría ben a estratéxia que culminaría Jonathan Martín para empatar antes do descanso.
Na segunda, máis do mesmo ata que cós cambios o Rácing reacionou algo e tivo maior chegada.

Así chegarían uns cantos avisos ata que a falta de dez minutos para o final do partido, Jonathan Carril, empalmou dende fóra do área dando deste modo a victoria para os pupilos dos Veigas, que xa só dependen de sí mesmos para meterse na fase de ascenso (1-2).

Á mesma hora, na máxima división, dende o estadio de Anoeta, o Celta volvía a perder. E iso que as cousas se lle puxeron moi ben. Se adiantou no marcador cun gol olímpico de Gustavo López e mesmo tivo ocasións para deixa-lo partido sentenciado antes do descanso.

Pero sería Darko Kovacevic, no primeiro minuto da reanudación, o que empataba o partido na primera ocasión de gol que tivieron o seu favor os locais. Sorprendendo a Esteban na súa salida e picar de cabeza o balón.

As cousas se porían aínda peor catro minutos despois, cunha acción de Savio que iniciou unha xogada individual preciosa, cedeu a Garrido e se desmarcou en busca del un balón que terminaría chegándolle e que aloxaría no fondo da rede.

Có Celta atacando á desesperada chegou o definitivo (3-1), có que se reivindicaba López Rekarte, ao marcar un bello gol dende aproximadamente 30 metros aproveitando a salida en falso de Esteban cunha gran vaselina.


En Riazor, medianse o Deportivo e o Sevilla, flamante campeón da UEFA. Os de Caparrós tiñan gañas de venganza, despois do varapao sufrido na copa do rei.

O de Utrera, sabía como xogarlle ao seu ex-equipo despois do esforzo de Glasgow. A táctica estáballe a sair ben, mesmo se adiantaron no marcador con gol de bodipo a falta de 18 minutos para o final. Pero tres minutos máis tarde Renato marca de cabeza, a saque dunha falta.
Para sentenciar o de sempre Kanouté a falta de 8 minutos para o remate do partido, poñendo o definitivo (1-2).
Ás 18:00h dende Pasarón, o Pontevedra xa era campeón antes de iniciarse o partido contra o Pájara Playas debido á derrota do Raio e eso deixouse notar no desarrollo do encontro, carente de motivación para os granates.
De tódolos xeitos, o gol de Yuri, aos 3 minutos, e o de Baptiste, no desconto, proporcionaron unha victoria que, por momentos, parecían no buscar. Eso sí, todos os que tiñan 4 amarillas viron sen problemas a quinta e así conseguen chegar "limpos" ao play off de ascenso (2-1).

Á mesma hora dende o Couto, o C.D. Ourense seguía coa súa senda particular de derrotas, xa van 10 consecutivas.
Esta vez foi contra o San Sebastián dos Reis (1-2). Os das Burgas se adiantaron no marcador cun gol de Curiel no minuto 33.
Os locais se quedarían con dous xogadores menos. Primeiro sería Yosu no 74, por doble amarela. Máis tarde sería o turno de Jaime ao ver vermella directa no 87.

Antes desta última expulsión un novo mazazo para a parroquia local, có segundo gol do sanse que non se movería (1-2).



Ás 19:00h dende Balaídos, O Celta B eludiou o descenso directo tras un agónico triunfo ante o Orientación Marítima, que chegaba a Vigo xa descendido e que chegou a inquetar en exceso aos de Rafa Sáez na recta final.
O Celta B se mostrou moi superior ao seu rival, como mostraba o parcial de 3-0 que lle endosara no minuto 53.
Pero os dous goles dos visitantes provocaron no filial céltico os nervos propios dun equipo na súa delicada situación. A incertidume se mantivo ata o final pese a que o Orientación era un equipo débil na faceta defensiva.
Cun pouco máis de acerto, o Celta B podía lograr unha renta maior.
O Celta B xogará o seu último partido na Malata, onde tratará de eludir a promoción de permanencia ante un Rácing de Ferrol que se xoga meterse na fase de ascenso (3-2).



Á mesma hora, na 1ª división no Novo Colombino, o Recre recibía a visita dun R. Madrid en racha. O R. Madrid se adelantou aos oito minutos.
O gol foi consecuencia dun centro de Beckham, que rematou a pracer Robinho de cabeza. O segundo chegaría nunha acción na que Raúl buscou en profundidade a Robinho cun pase en largo, pero o portero francés, do Recre, pecou de inocencia ao embestir ao brasileño. Van Nistelrooy transformou a pena máxima.
Marcelino se decidiu a ser valente e deu entrada a Aitor, Javi Guerrero e Uche.
E así chegou un penalti do máis absurdo. Sen peligro que os amenazara, Gago e Ramos derribaron a Uche nunha esquiña da área grande. Jesús Vázquez acortou distancias.
Minutos máis tarde chegou o empate. Aitor sacou un córner e Uche remachou con rabia.
Cumpliase o minuto 90 cando Higuaín desencadenou o milagro. Para que a xogada tivera rango de fazaña atopouse con tódolos problemas posibles, rivais e rebotes. Ata que Gago encendeu unha linterna e alumbrou a Roberto, que marcou exquisito poñendo o definitivo (2-3).


Chegabamos a nova dende Italia, que a Juventus de Turín volverá a vindeira tempora á Serie A, a 1ª división italiana de fútbol, tras conquerir o ascenso con 3 xornadas de adeianto, ao imporse por (5-1) ao Arezzo.
A Vecchia Signora conqueriou os 82 ptos que fan que matematicamente poida celebra-la saída do inferno, a Serie B, á que lle condenou a xustiza deportiva o verán pasado polo caso de corrupción que salpicou tamén a Milán e Lazio.
O equipo de Turín conseguiu o ascenso cunha goleada ao Arezzo, da que foi protagonista o histórico capitán, Alessandro del Piero, que marcou dous dos tantos e consolida así a súa posición como maior goleador da Serie B.
Os Xogadores celebraron o ascenso como se se tratase dun título liguero.
E se puxeron unha camisola na que se lía, o que hoxe é o pensamento de tódolos juventinos: "B..ast..A" (¡Basta!).


Na Copa de Inglaterra, o marfileño, Drogba fixo posible que o Chelsea se fixera coa súa cuarta Copa de Inglaterra cun gol na recta final da prórroga que deu a victoria ao equipo londinense por (1-0) ante o Manchester United, e ao seu técnico, o portugués José Mourinho, o único título que lle faltaba no fútbol inglés.

Mourinho, que xa conquistara dúas veces a Liga e outras tantas a Copa da Liga dende que chegou ao Chelsea, anhelaba o trofeo que acredita ao gañador do que é considerado en Inglaterra como o partido máis importante da temporada.

Xa o ten. Gracias a unha excelente xogada firmada por Drogba e Lampard no minuto 116, cando o dolo parecía destinado á lotería dos penalties.

O marfileño e o inglés fabricaron unha magnífica pared que reventou o partido.

E ás 21:00h dende o Vicente Calderón, pechaban xornada o Atlético de Madrid e o Barça. Onde un efectivo Barça e unha fatídica tarde-noite do porteiro colchoeiro "Pichu", fixeron do partido un suprizo para parroquia atlética que despediou aos seus con asubios (0-6).


E así remata unha semana máis en GnG. Que teñades unha boa semán.


Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

13 mayo 2007

Programas 12/13 - 05 - 2007

Boas a tod@s. Outra semana máis estamos preparados para vivir a emoción desta apaixoante liga, para seguir aos nosos equipos ao longo da xeografía español, para escoitar goles, para escoitar Galicia En Goles. Pero antes de comezar recapitulemos.

Esta semana vivimos a volta das semifinais da Copa do Rei. O mércores o Deportivo buscaba remontar no Ramón Sánchez Pizjuán o 0-3 da ida pero os de Caparrós non só non lograron a épica senón que perderon ante o poderoso Sevilla (2-0). Polo tanto acabase o soño da Copa para os blanquiazuis.

O xoves decidiuse a segunda semifinal, onde ardeu o Alfonso Pérez (de forma literal eh xD). O Barcelona contaba cunha vantaxe ampla (0 5-2 da ida con aquel famoso gol de Messi), pero o Xetafe saiu convencido de ir a pola milagre e os azulóns xogaron un partidazo logrando algo que parecía imposible (4-0). Os de Schüster buscaran dar outra badalada na final ante o Sevilla.

E agora si, xa nos metemos a repasar o sábado, o comezamos polo F.S. En Lugo vivimos un derbi en Lugo entre o Azkar e o Cometal Celta (xa descendido) os lugueses foron mellores e leváronse a vitoria (5-2). E peores novas chegaban coa derrota do Lobelle (9-6) en Móstoles que o deixa sen opcións de entrar no play-off.

E loitando por entrar na máxima categoría dous equipos galegos na promoción de ascenso. Onte fixemos pleno, o Coinasa Ourense derrotaba na casa ao Bilbo (5-4) mentres que o Leis Pontevedra gañaba a domicilio ao Ocaña (7-8). Os dous suman o primeiro punto do play-off.

No balonmán vivimos unha xornada de derbis moi emocionante. En Vigo o Octavio Pilotes Posada e o Teucro de Pontevedra xogábanse o título de liga, o empate (27-27) deulle o título aos locais, por sorte o ano que vén veremos este derbi na Liga Asobal. E na Coruña OAR vencía con relativa facilidade ao Cangas (30-25).



Despois comezou a xornada na liga das estrelas. Partidazo no Bernabeu, non polas defensas nin polo xogo, pero si pola emoción os goles e as gañas que lle puxeron os dous equipos. Os pericos comezaron gañando o encontro cun gol do rifle Pandiani, pero Van Nistelrooy igualaba o encontro, o rifle picouse e galifou dúas veces máis colocando o 1-3 ao descanso. O Madrid tiña que acudir a épica, se perdía o encontro perdería o tren da liga. No 48 Raul puxo a primeira pedra co 2-3, Reyes que revoluciounou o encontro puxo as táboas, e no 89 Higuaín colocou o 4-3 no electrónico e provocou o delirio no Bernabeu. Os brancos colocanse líderes e pasanlle a presión ao Barça.

Dende as 22:00 no Pizjuán o Sevilla buscaba non perder comba e seguir sendo o terceiro en discordia pola loita no liderado. E os hispalenses non erraron e venceron no derbi ao sorpredente Recreativo de Huelva (2-1) que recordamos que está a un pasiño de meterse en europa.

No descanso de este encontro, Xoán Laxes (Adestrador do Arousa) fixo a quiniela do famoso que a podedes consultar no blog da Peña quinielística de GnG (http://gng-1x2.blogspot.com).



O domingo comezou coa xornada matinal na 2ª división B. A xornada foi propicia para os galegos, vivindo a vitoria do Pontevedra no campo do Cobeña (0-1) e o empate do Celta B na súa visita ao Pájara Playas (1-1).


E dende as 14:00 h en Montmeló a emoción da Fórmula 1. A carreira deciudiuse como sempre na saída e nas primeiras voltas. Fernando Alonso arriesgou dende na salida buscado superar a Massa polo exterior e colocarse primeiro pero o asturiano probou a herba perdendo 2 posicións.


Unhas voltas despois a Raikkonnen que iba terceiro falloulle a mecánica e tivo que abandoar permitindo a Fernando coller praza no podium. Isto xa non se movería ata o final, gañou Massa, seguido de Hamilton que queda como líder en solitario do mundial.

A xornada da 2ª B continuou pola tarde. O Racing de Ferrol deunos a alegría coa súa vitoria (1-0) ante o Leganés, que o aupa a cuarta plaza que da entrada aos play-off de ascenso. O Lugo tamén ganou con facilidade na casa ao Fuenlabrada (3-0). E Ourense achégase perigosamente aos postos de descenso tras perder en Alcorcón (1-0).


E dende as 17:00 o Celta xógabase boa parte da salvación en Balaídos. Os vigueses viviron un roubo a man armada nos primeiros corenta e cinco minutos cun penalti que inventou Rubinos Pérez, por un suposto agarrón de Tamas que se atopaba a un metrro do dianteiro do Levante, Reggi non errou dende os 11 metros. Na segunda metade e nunha xogaba illada o Levante colocou o 0-2 e o Celta só logrou reducir distancias co gol de Baiano. En ataque o Celta errou ocasións imposibles, e o descenso está moi preto dos celestes.


Mentres na Catedral, o Depor que xa non se xoga nada logrou un empate ante o Athletic de Bilbao. Os blanquiazuis comezaron perdendo cun gol trala saída dun corner, mentres que Riki de falta colocaba as táboas no electrónico (1-1).

Por esas horas Rafa Nadal sumaba e seguía. Voltaba a gañar outro Masters Series en terra neste caso o de Roma (que o gaña por 3º ano consecutivo) derrotando na final ao chileno Fernando González. Agora o manacorí xa leva 77 vitorias seguidas en Terra e Roland Garros está xa no seu punto de mira. Continuamos a repasar a xornada de liga polo Camp Nou. O Barcelona debía de gañar para continuar de líder e espantar as pantamas de Xetafe; os azulgrana comezaron moi ben o seu encontro ante o Betis adiantandose cun gol de penalti de Ronaldinho e os minutos ían pasando sen matar o encontro. No último minuto nun fallo momumental da zaga e do porteiro local Sobis deulle o empate ao Betis (1-1) e o liderado da liga ao Real Madrid. A sorpresa da xornada.
E dende as 22:00 h pechouse a xornada coa vitoria do Valencia ante o Zaragoza (2-0) nun bo partido dos ches. Con esta os de Quique achéganse ao Madrid e sempre lle pode quedar algunha opción de título, pero o mellor e que xa se aseguraron a súa praza Champions.

E paseniño, paseniño rematou GnG. A semana que vén máis.....e mellor.

Saúdos de Gonzalo e Racinguista.

08 mayo 2007

Programas 05/06 - 05 - 2007

Boas a tod@s, neste novo fin de semana có que abrimo-lo mes de Maio.

Empezaremos lembrando, o que fixeron os equipos españois nas competicións europeas.

Na primeira semifinal, o Sevilla conseguía o pase á final ao vencer ao Osasuna (2-0). O primeiro gol chegaría no minuto 37, tras unha excelente xogada de Luis Fabiano e a sentencia no 53, por medio de Renato a centro de Alves.
O conxunto andaluz certificou o seu pase directo á final de Glasgow do vindeiro día 16 a que será a súa segunda final consecutiva.

Na outra semifinal, en Alemaña entre o Werder Bremen e o Español. A sorte estivo de cara para os cataláns. Xa que os locais se adiantarían, no minuto 4 no marcador.
A partir do 19 os alemáns se quedarían cun menos, por dobre amarela o que propiciaría a remontada do español. Primeiro no 50 Coro remacha un rechace de Reinke, tras un centro de Riera. E dez minutos máis tarde sería Lacruz ao rematar un córner botado por Luis García.
Sendo o resultado final (1-2). Deste xeito temos final española.
A xornada do Sábado a principiamos dende Balaídos, onde o Celta B deixou escapar unha boa oportunidade de afastarse dos postos de abaixo xa que xogaba cun rival directo.
Ao final do encontro hai que dar por bo o punto conseguido, xa que Quintairos marcaba o definitivo (2-2) no tempo de desconto e iso que os visitantes xogaron a última media hora con dez.

No polideportivo, e en futbol sala, salientaremos o descenso, a falla de dúas xornadas, do Celta f.s. despois do seu empate nas Travesas ante o MRA Navarra (5-5). No sar, o Lobelle paseouse perante o Martorell (10-2). Pola súa banda o Azkar perdía a domicilio diante o Zaragoza (4-1).Para pecha-lo polideportivo, dicir que en Balonmán, vivimos outro ascenso á ASOBAL, o do Teucro que regresa a dita categoría dous anos despois. Aos pontevedreses lles valía cun punto, pero gañou ao Palma do río (30-28), no pabellón Municipal dos deportes de Pontevedra. O Pilotes perdía a domicilio diante do huesca (31-30). Os de Vigo pagaron cunha derrota a resaca da celebración do seu ascenso a Asobal. O OAR tamén perdía a domicilio diante do Pozoblanco (33-30). E pola súa banda o frigoríficos facía o mesmo ao perder diante do Costablanca (26-29).

No rallie da terra de Ourense, o vencedor foi Joan Vinyes.

Ás 20:00h. e dende Anoeta, o Barça conseguiu unha victoria cómoda (0-2), con goles de Iniesta e Eto´o, cun fútbol sólido que lle permite mellora-las malas estadísticas das últimas semanas fóra do seu feudo, ao tempo que afunde un pouco máis a unha R. Sociedade que cada xornada que pasa se acerca máis á 2ª división.
Dende ás 22:00h. en Riazor, o Dépor recibía a visita do Valencia de Quique Sánchez Flores. Os de Caparrós saíron ao campo presionando, intentando asusta-los visitantes. Pero apareceu o portugués Hugo Silva, para marca-lo (0-1) tras unha fermosa xogada de Silva. A réplica coruñesa se limitaba a buscar balóns largos a Arizmendi e agarda-la colaboración da defensa che. Nunha destas os locais disfrutaron dun córner que transformaría Taborda, que acababa de entrar ao campo (1-1).
Pero nunha contra colectiva de libro, Silva de novo, se encargaría de poñe-lo (1-2) definitivo.

Hoxe Domingo madrugamos para ve-las carreiras de motos dende china.

En 125 na típica carreira igualada e en grupo o que se levou o gato a auga foi o checo Lukas Pesek.

notable actuacion dos españois cun segundo posto de Hector Faubel e o xovencísimo Tito Rabat (tamén español) completou o podium.

A madrugada continuou sendo propicia para os nosos coa vitoria de Lorenzo en 250 continuando unha semana máis como líder do campionato e completou o dobrete Álvaro Bautista, sendo o terceiro escalón do podium para o italiano Dovizioso.

E na categoría raíña a potencia da Ducati de Stoner lle deu ao australiano outra victoria. Valentino Rossi só puido ser segundo e o terceiro foi Hopkins. O mellor español Pedrosa tivo que quedarse a un pasiño do podium có seu cuarto posto.
Ás 12:00h, e xa en fútbol na 2ªB, o C.D. Lugo perdía en Talavera ante o conxunto local (1-2). Á mesma hora en Fuenlabrada, o Rácing de Ferrol, conseguía unha importante victoria, cun xogador menos, o que lle permite seguir vivo outra semán máis (0-1).

Ás 17:00h. dende o Madrigal, viamos como ao Celta se lle escapaba o partido por un erro de marcaxe nunha xogada a balón parado (1-0), no minuto 67 gol conseguido por Guille Franco ao rematar un córner sacado por Cani. Esta derrota unida á victoria do Levante, deixa aos de Stoichkov a 3 ptos da salvación en vísperas da visita do equipo granota a Balaídos.

Ás 17:00h. dende o Couto, asistimos a unha nova derrota do C.D. Ourense, nesta ocasión perante a Ximnástica de Torrelavega (2-3). Con esta oitava derrota consecutiva os das Burgas, se complican a vida e se sitúan a 5 ptos do postos de descenso para afrontar este último tramo ligueiro.

Ás 19:00h. no Teresa Rivero, en Vallecas o Pontevedra vencía ao Raio vallecano cun solitario gol de Charles (0-1) e con dous xogadores menos. Este triunfo, clasifica matemáticamente aos granates para o play off de ascenso, e relevan aos de Vallecas do liderato. Á mesma hora, pero en primeira división en Monjuitc o Español vencía ao Atlético de Madrid (2-1), con goles de Moha, Pandiani para recurtar distancias Petrov no desconto. A anécdota deste partido foi que o árbitro asistente Teófilo Cabrera se lesionou aos 29 minutos de partido e sustituiulle o cuarto árbitro, Jacobo Yáñez. Padeceu unha rotura no xemelgo da perna dereita. Ás 21:00h. dende o Santiago Bernabeu, asistimos á victoria do R. Madrid sobre o Sevilla (3-2). Maresca abría o marcador (0-1) no minuto 42. Na segunda metade coa saída de Guti as cousas cambiarían, o centrocampista fartouse a dar pases de gol e así chegou no minuto 63 o empate transformado por Van Nistelrooy (1-1), para que no 77 Robinho lle dera a volta ao marcador (2-1). E por 2ª vez Van Nistelrooy marcaría, ampliando a ventaxe dos locais (3-1). No 90 Chevantón poría o definitivo (3-2). No descanso deste encontro, o invitado de GnG que foi Xulio Díaz (Adestrador do Negreira) fixo a quiniela. Podéde-la consultar no blog da peña. Tamén salientar, que o Manchester recupera o trono. O empate do Chelsea facilitou o título ao equipo de Alex Ferguson tras dous anos de seca.
E así remata unha xornada máis. Lembrándovos que o Mércores o Dépor xoga a volta da copa do rei, que pasedes unha feliz semana.

Saúdos de Racinguista e Gonzalo.

28 abril 2007

Programas 28/29 - 04 - 2007


Boas a todos, durante esta última fin de semana do mes de abril onde daremos unha gran paseo pola xeografía español para seguir a actualidade de todos os equipos galegos
E comezamos coa mellor nova sen dúbida do fin de semana. O Octavio Pilotes Posada saia do inferno e regresaba a liga asobal coa súa vitoria ante o Tres de Maio (34-21). Outra semana máis deberá esperar o Teucro para festaxalo tralo seu tropezo na cancha do Alcobendas (31-28). Mais boas novas coa vitoria do OAR da Coruña ante o Sabadell (38-30) e a outra parte negativa coa derrota do Cangas na cancha do Villa de Aranda (29-27).

No hoquei chegaban malas novas dende a Cidade Condal onde o Liceo da Coruña non puido facer nada ante o todopoderoso Barcelona (5-1).


E a sorpresa da tarde chegou as 20:00 h. O Celta B visitaba Vallecas o campo do líder da 2ª segunda. Os celtiñas non só gañaron senón que golearon aos locais (0-3).



Tamén as oito comezaba a xornada na máxima categoría do fútbol español. No Calderón un inoperante Atlético non foi quen de derrotar ao Betis de Luis Fernández (0-0) nun soporífero encontro.

Dende as dez vivimos a última función do día co Valencia-Recreativo. Os da casa dominaron e sen dúbida no mellor encontro de Joaquín durante toda a tempada lograron unha vitoria (2-0) que lles permite seguir en postos Champions e seguir aí esperando o erro dos 3 que van por enriba deles.
No descanso deste encontro Manuel, o adestrador do Cerceda fixo a quiniela do famoso de GnG. Esta quiniela como todo o referente a temas quinielísticos a podedes atopar no renovado blog da peña de GnG (http://gng-1x2.blogspot.com).



O domingo comezou moi mal para os intereses dos galegos. Na 2ª B caian derrotados o Ourense en Puertallano (3-1) e non podendo axudar ao Racing de Ferrol. E o Pontevedra non puido aproveitar o tropezo do Raio Vallecano para auparse ao liderado tras perder ante o San Sebastián dos Reyes (2-1).



Pola tarde a xornada da 2ª B arreglouse coa vitoria do Lugo na casa ante o Racing B (3-2). Non foi tan bó o empate do Racing de Ferrol ante o Talavera (1-1) aínda así os departamentais manteñense a 4 ptos do posto de play-off.


Dende as cinco comezou a xornada na primeira. E ai comezaba unha tarde negra en Balaídos, apareceron os vellos pantasmas que afundiron o equipo que acabou caindo derrotado de forma estrepitosa ante o Mallorca (0-3). E por desgraza e polos goles en contra os olívicos entran de novo nos postos de descenso.

A mesma hora chegaban mellores novas dende o Sardinero onde o Depor completaba un gran encontro ante un aspirante aos postos europeos o Racing de Santander. O único que lle faltou aos branquiazuis foi o gol (0-0).


A esa mesma hora a loita por arriba poñíase ao roxo vivo. O Sevilla no Pizjuán non erraba ante o Español (3-1) e colocábase moméntaneamente de líder con 2 ptos de vantaxe sobre o Barcelona a espera do que fixeran os blaugranas no Camp Nou ante o Levante.




E que as 19:00 continuou a xornada e o campión non errou. Custoulle xa que non dominou e non mostrou a súa mellor cara, pero co xusto logrou derrotar ao Levante con gol do camerunés Samuel Eto'o (1-0).




Para rematar a xornada o Madrid buscaba non perder comba na Catedral ante o Athletic. Os de Capello mostraron a súa mellor cara e engancharonse de novo a liga colocándose a 2 ptos do Barça coa súa goleada ante os leóns (1-4).
E así rematou GnG, con emoción e con espectaculo. O Sábado que vén máis e mellor eu que vos non mo perdería. Que pasedes unha excelente semana.....
Saúdos de Gonzalo e Racinguista.

24 abril 2007

Programas 21/22 - 04 - 2007

Boas a tod@s, neste fin de semana veraniego no que como sempre darémosvos conta dos resultados dos nosos equipos nas súas diferentes categorías.

Empezaremos lembrando o varapao sufrido polo Dépor, en Riazor, ao perder na ida das semifinais da copa da S.M. o Rei, diante do Sevilla.
O partido púxoselle de cara aos andaluces, con dous goles nos primeiros 13 minutos.
Os visitantes có marcador a favor xogaron a pracer, e a partir de ahí o Dépor chegou algo máis, pero tentouno con máis corazón que cabeza. E xa nos últimos minutos os de Juande, complicaban moito a eliminatoria ao Dépor, marcando o definitivo (0-3).

A outra semifinal, entre o Barça e o Xetafe, tivo clara cor azulgrana (5-2). Os cataláns teñen pé e medio na final. Destacar neste encontro, o segundo gol de Messi, que nos lembra ao gol conquerido por Maradona a Inglaterra.

http://www.youtube.com/watch?v=8mRHaaMYsXQ

No que respecta a xornada do polideportivo de hoxe Sábado, dicir que no fútbol sala vivimos no pabillón Municipal dos deportes de Lugo, o derbi entre o Azkar Lugo e o Autos Lobelle, quedando a victoria na casa (4-2). Mentres o Celta f.s. perdía a domicilio diante do Guadalaxara (4-2).
No Balonmán, o Cangas perdía na súa cancha contra o grupo Sigarci (25-28); o Pilotes gañaba a domicilio ao Anaitasuna (18-28), con esta victoria e o tropezo do Teucro fai que o Octavio se poña de lider.
E por último, no derbi da xornada, en Pontevedra entre o Teucro e o Oar, foi para os visitantes (25-28).
Ás 18:30h e xa en fútbol, no Anxo Carro vivimos a emoción do derbi entre o C.D Lugo e o Rácing de Ferrol. Foi un partido aberto, con ocasións por ámbolos dous bandos e con emoción. Na grada non foi menos, porque o equipo verde estivo ben arropado polos seus siareiros.
Os dos irmáns Veigas se adiantaron no marcador cun golazo dende o medio campo, para que a falla de cinco minutos, os locais puxeran o definitivo (1-1).
Ás 20:00h e dende Anoeta, a Real Sociedade xogaba fronte ao Atlético de Madrid. Os da ribera do Manzanares fixeron augas. Se a iso se lle suma unha mala arbitraxe de Medina Cantalexo, con dúas expulsións, o resultado é o que reflexa ao final (0-2), con goles de Kovacevic e Savio. Tres ptos máis que suman os donostierras no seu intento de salva-la categoría. Dende ás 22:00h, e no Santiago Bernabeu, asistimos a última función deste Sábado. Onde o R. Madrid conseguiu unha meritoria victoria ante un Valencia inconstante. Os locais se adiantaron cun golazo de Van Nistelrooy a centro de Torres. Empatou Morientes de media volta no minuto 44 e a sentencia no minuto 72 cando Beckam botou unha falta dende a dereita. O balón atopou a cabeza de Sergio Ramos (2-1).

O Domingo pola mañán, o abrimos coas carreiras das motos, no gp de Turquía.
A mañán comezou con 125cc, onde gañou o italiano Corsi sendo segundo o español Joan Olivé. En 250 cc a victoria caeu en mans doutro italiano Andrea Dovizioso que gañou na recta de meta a dous españois ao campión Lorenzo e a Bautista.E en moto gp na categoria raíña venceu o australiano Casey Stoner sendo Toni Elias o segundo e Pedrosa caiuse nunha caida múltiple nos primeiros compases da carreira. Ás 12:00h o Ourense perdía a domicilio có Santander B (1-0), confirmando así o seu baixón de xogo e ptos; cero dos últimos dezaoitos. Quedando na zona media da táboa.
Á mesma hora pero en Balaídos, o Celta B non era quen de gañarlle ao Sanse. Iso que os de Sáez se adiantaron no marcador, pero os visitantes igualaron o partido para nos últimos quince minutos marcar dous tantos máis, deixando o definitivo (1-3). Con este resultado, os celtiñas se volven a acercar aos postos de abaixo da táboa.
Para rematar esta xornada na 2ªB, imos a Pasarón alí o Pontevedra, vencía e convencía diante do Alcorcón con goles de Fran Rico, e dous de Yuri (3-0).
Xa na máxima categoría e ás 17:00h, dende a Romareda, coa narracíón de Xaime escudeiro vivimos a primeira derrota do Celta, da era Stoichkov (2-0). O Partido foi moi parello, pero os locais demostraron maior pegada.
Os xogadores do Celta, Baiano e Canobbio, se lesionaron na primeira mitade, o que lle obligou ao equipo xogar á contra. Con este resultado e có empate do Levante, os celestes se manteñen fóra do descenso. Á mesma hora, en Riazor o Dépor lle gañaba ao Osasuna no tempo de desconto con gol de Lopo (1-0). O Cuco Ziganda reservou a súa artillería pensando nas semifinais da UEFA que xogará o Xoves ante o Sevilla.
Tamén facemos mención ao MASTERS SERIES DE MONTECARLO, onde Nadal volveu a desquiciar a Federer. O mallorquín superou ao suizo e confirma a súa enorme superioridade sobre terra batida por (6-4) e (6-4) e conquistar así por terceira vez o título, no Principado e igualar ao rumano Ilie Nastase (1971-1973).
Ás 19:00h. dende o Sánchez Pizjuán o Sevilla goleaba ao Athletic (4-1). E iso que Mané saiu có Autobús. Os leóns aguantaron o chaparrón andaluz a primeira parte, porque o recital sevillista chegaría na segunda metade, con goles de Kerzhakov 1-0 (49'), Puerta 2-0 (54'), Chevantón 3-0 (69'), Yeste 3-1 (77') e Luis Fabiano marcaría o definitivo 4-1 (82').
O Sevilla terá outra final o Xoves, a da copa da UEFA perante o Osasuna. A esta hora, coñeciamos o retorno á 1ª división do Real Valladolid que bateu un novo récord histórico na Segunda División, ao conseguir matemáticamente o ascenso a Primeira a falla de oito xornadas para o final da liga, tras gañar a domicilio (0-2) ao Tenerife na xornada 34. Acumula veintioito partidos sen perder. Trescentos aficionados do equipo o acompañaron desde as gradas do Heliodoro Rodríguez López. E seguindo con celebracións... pero nesta vez en Italia.
O Inter de Milán, có seu triunfo no terreo do Siena (1-2) e a derrota da Roma na súa visita ao Atalanta (2-1), en partidos da trixésima terceira xornada liguera, conquistou matemáticamente o seu decimoquinto título liguero da súa historia. E para rematar coas celebracións. Dicir que o Montañeros é novo equipo de terceira división a falla de 5 xornadas para o final do campeonato, ao gañarlle ao Chantada (0-2).
Por último, xa ás 21:00h dende o Madrigal. Asistimos ao partido entre o Villarreal e o Barcelona. O partido foi bastante disputado na súa primeira parte, tal foi o caso, que acabou sen goles.
No primeiro cuarto de hora da segunda metade, o Villarreal tomaría ventaxe, por medio dun gol anotado polo francés Pires, era o 1-0. Para na recta final Marcos anota-lo que sería o definitivo (2-0).
E paseniño a paseniño, chegamos ao final de GnG. Que teñades unha boa semana.
Saúdos de Racinguista e Gonzalo.